Huawei adía o seu congreso para desenvolvedores por mor do coronavirus

xoves, 23 de xaneiro do 2020 Marcus Fernández

Non é a primeira vez que o calendario tecnolóxico global padece modificacións por mor de catástrofes como terremotos, tsunamis ou grandes incendios de fábricas, e desta volta temos como a epidemia de coronavirus que están a vivir na China provocou que a Huawei Developer Conference 2020 (Cloud) teña que mudar a súa data do 11-12 de febreiro ao 27-28 de marzo para garantir a saúde e a seguridade dos asistentes.
Pero o adiamento deste evento en Shenzhen podería ser só unha mostra do que podería acontecer nos vindeiros días, pois non podemos esquecer que na China están boa parte das fábricas de produtos de electrónica de consumo e compoñentes electrónicos, polo que as medidas de corentena poderían afectar ás cadeas de subministro e provocar adiamentos na fabricación e distribución de moitos produtos, sendo previsible que as vindeiras semanas o mercado de electrónica global estea lixeiramente desestabilizado até que se controle a crise de saúde pública.

PUBLICIDADE