Huawei estrea puntos de acceso IEEE 802.11ac

venres, 7 de decembro do 2012 Marcus Fernández

As conexións de datos sen fíos continúan progresando para ofrecen unha maior velocidade cada día, e aínda que hoxe vexamos que o Wi-Fi N achega velocidade suficiente, estase a traballar na implantación do seu estándar sucesor, o IEEE 802.11ac, que comeza a contar con novo hardware comercial, como os novos puntos de acceso de Huawei, que saíron á venda esta semana e que permiten comunicacións de ata 1,3 Gbps na frecuencia dos 5 GHz e ata 1,75 Gbps en frecuencia dual, permitindo tamén unha transición suave entre as tecnoloxías 11n e 11ac.
A mellora deste tipo de comunicacións sen fíos busca facilitar o acceso a contidos de vídeo en alta definición, o uso da multimedia e o acceso a escritorios na nube e a outros servizos en rede que apenas notarán diferenza entre a súa disposición en local ou en remoto grazas a estas conexións de altísima velocidade que chegarían a superar ás conexións cableadas mediante Gigabit Ethernet.
Os novos puntos de acceso de Huawei comezan co AP7030DN-AC, con dobre banda (2,4 e 5 GHz), soporte de IEEE 802.11a/b/g/n/ac e 3*3 MIMO que pode resultar para configurar redes en interiores cun grande potencial de mellora, contando tamén cunha versión lixeiramente superior, o AP7130DN-AC, que pasa de usar unha antena interna a contar con antenas externas RP-SMA (dándolle unha maior versatilidade). Ambos puntos de acceso miden 22 x 22 x 5,3 centímetros e pesan 1,3 quilogramos.

PUBLICIDADE