Huawei non poderá fabricar máis procesadores Kirin

mércores, 12 de agosto do 2020 Marcus Fernández

O bloqueo comercial de EE.UU. a Huawei continúa a ter repercusións moi negativas e, aínda que a compañía chinesa é actualmente líder en volume de smartphones colocados ao mercado, a partir do 15 de setembro Huawei non poderá fabricar os seus procesadores Kirin, de xeito que pasaría a depender de procesadores de MediaTek, o que curiosamente está a preocupar a Qualcomm, o fabricante líder de procesadores para móbiles, que ve como as sancións estadounidenses en vez de protexer ás compañías norteamericanas están a colocalas fóra do mercado. De feito, aseguran que Qualcomm está a presionar á Casa Branca para que lles permitan vender procesadores para os smartphones 5G de Huawei, xa que de non facer tal estarían a provocar que Qualcomm facturase até 8.000 millóns de dólares/ano a Huawei.
Lembremos que o bloqueo a Huawei aprobouse para evitar o uso de tecnoloxía de Huawei en infraestruturas de telecomunicacións, non para afectar aos seus negocios de electrónica de consumo. Curiosamente Huawei continúa a prover de xeito limitado tecnoloxía de infraestruturas de telefonía móbil nos EE.UU., mentres que os móbiles de Huawei están a ter moitos problemas a nivel mundial pola aplicación de limitacións carentes de xustificación, que agora confírmase que prexudican máis do que benefician ás empresas estadounidenses.

PUBLICIDADE