Huawei poderÃa estar a preparar un televisor 5G 8K
xoves, 2 de maio do 2019
- Chaobin Yang, presidente da liña de produtos 5G de Huawei
Huawei Technologies é un dos fabricantes de referencia de
tecnoloxÃas 5G, pero cando dicimos iso referÃmonos normalmente ao equipamento
de rede que empregan os operadores de telecomunicacións para achegar a
telefonÃa móbil 5G aos seus usuarios, de aà que sorprenda que a empresa chinesa
estrea
a preparar o lanzamento para este mesmo ano do primeiro televisor 5G.
Segundo Nikkei Asian Review o televisor que está a preparar Huawei terÃa un
panel 8K e incorporarÃa un módulo 5G, de xeito que poderÃa descargar contidos
de grande consumo de datos, incluÃndo vÃdeos en 360 graos (ou sexa, contidos
pensados inicialmente para consumir en sistemas de realidade virtual).
O televisor de Huawei non só servirÃa para poder gozar a servizos televisivos
5G sen contar con fibra óptica ou televisión por satélite, senón que tamén
realizarÃa funcións de router, ou sexa, que servirÃa para dar conectividade a
outros dispositivos no fogar.
En calquera caso falamos dun produto que terá un prezo moi elevado e unha
oferta de contidos reducidÃsima, xa que actualmente incluso é pobre a oferta en
4K e, polo momento, o único mercado que parece apostar polo 8K é o xaponés, xa que
terán emisións con tal resolución de cara aos Xogos OlÃmpicos, como unha
demostración de forza tecnolóxica, pese a que ese esforzo careza de sentido no
mercado doméstico, onde a resolución 8K é claramente excesiva (lembremos que a
meirande parte das producións cinematográficas teñen resolucións inferiores ao
4K, e proxéctanse en pantallas moito maiores das que temos no fogar).