Huawei prepara o seu propio móbil con Android
martes, 17 de febreiro do 2009
Huawei non se conforma con
ser o fabricante máis importante de modems 3G a nivel mundial, e quere entrar a
competir no competitivo mercado dos terminais de telefonÃa móbil para o
terceiro trimestre do presente ano cun smartphone que funcionará co sistema operativo Android
e do que amosou un prototipo no Mobile World Congress de Barcelona, existindo
unha unanimidade ao definir
o dispositivo como unha copia descarada do iPhone de Apple (e mesmo
o alcuman uPhone).
Nos últimos meses tamén hai fabricantes de equipos informáticos que deciden
probar sorte no sector da telefonÃa móbil, pero o mercado non parece moi
receptivo a novos axentes, pois os consumidores tenden a non fiarse de marcas
descoñecidas.