Huawei prepárase para competir coas Surface de Microsoft co seu MateBook
luns, 22 de febreiro do 2016
O fabricante chinés Huawei sorprendeu por aproveitar a
celebración do Mobile World Congress para presentar un equipo informático
2-en-1 baseado en Windows 10, que polas súas prestacións e deseño serÃa un
competidor directo das Surface Pro 4 básicas de Microsoft, pero con algúns detalles
que fan que este novo produto teña un carácter de seu.
O Huawei
MateBook chegará ao mercado a un prezo que parte dos 799 euros, buscando
atender a unha demanda de equipos versátiles e altamente portátiles, que sirvan
para traballar en mobilidade e para labores creativas, que grazas á
incorporación dos procesadores Intel Core m de sexta xeración consegue un
grande equilibrio entre potencia e autonomÃa, á vez que pode gozar dun deseño
sen ventiladores, evitando asà os ruÃdos durante o seu funcionamento.
Estamos ante un equipo moi delgado, que só pesa 640 gramos, e para o que hai
unha funda con teclado e touchpad que tamén é delgada e lixeira (as teclas
teñen un grosor de só 1,5 milÃmetros), e para satisfacer aos que busquen unha
boa imaxe chega cunha pantalla táctil IPS de 12 polgadas cunha resolución de
2.160 x 1.440 pÃxeles sobre a que poder empregar o lapis MatePen con 2.048
niveis de sensibilidade. A súa autonomÃa tamén serÃa moi boa, podendo
empregarse para traballar até 9 horas seguidas, pero coa vantaxe de que a súa
baterÃa pode cargarse completamente en só dúas horas e media (cargando até o
60% en só 1 hora). Como curiosidade, o MateBook conta cun sensor de pegadas
dixitais que presume de ser o máis rápido do mercado.
O modelo básico do Huawei MateBook, cun procesador Core m3, 4 GB de RAM e 128
GB de SSD terÃa un prezo de 799 euros, ofrecéndose en distintas configuracións
até un equipo cun procesador Core m7, 8 GB de RAM e 512 GB de SSD por 1.799
euros, vendéndose a funda-teclado por 149 euros e o MatePen por 69 euros.
Falamos duns prezos lixeiramente máis económicos que os da Surface
Pro 4 con procesador Core m, que custan 999 euros para o modelo con Core
m3, 4 GB de RAM, 128 GB de SSD e lapis (e pesarÃa 126 gramos máis que a
proposta chinesa).
Huawei tamén ofrecerá por 99 euros unha pequena base USB-C que incluirá 2 portos USB estándar, toma Ethernet e saÃdas VGA e HDMI, ideal para empregar o equipo no escritorio.
- Richard Yu, director xeral de Huawei, foi o encargado de presentar o MateBook en Barcelona
- O Huawei MateBook parece un produto ideal para creativos