Huawei presenta un modem 3G totalmente sen fÃos
venres, 19 de xuño do 2009
En
xullo Huawei achegará a Europa o seu dispositivo
E583X, que é un modem 3G/HSDPA que pode operar tanto conectado nun
porto USB como a través de Wi-Fi, compartindo a conexión de banda larga móbil
con outro equipo, aÃnda que o máis rechamante do trebello é que incorpora
unha baterÃa interna de 1.500 mAh (recargable por USB) de xeito que
pode empregarse totalmente sen fÃos
durante unhas 5 horas.
Parece ser que a primeira versión deste dispositivo só aceptarÃa unha conexión
Wi-Fi, aÃnda que agárdase que variacións do mesmo admitan ata 5 usuarios
compartindo o acceso á Rede.
Este dispositivo que combina prestacións de modem USB con punto de acceso Wi-Fi
poderá adquirirse a través de operadores de telefonÃa móbil, que habitualmente
ofertan este tipo de produtos cos seus contratos de banda larga móbil.
O Huawei E583X visto en CommunicAsia 2009