Huawei quere vender en España os seus móbiles de alta gama a prezos surrealistas
xoves, 27 de xaneiro do 2022
Dende
que a marca Huawei está sometida a sancións por parte dos EE.UU. poderiamos
considerar que carece de sentido en Europa, xa que os seus dispositivos chegan
sen os servizos de Google (o que supón non poder gozar da principal tenda de apps
para Android) e sen as aplicacións de Meta (Facebook, Messenger, Instagram e
WhatsApp), polo que funcionan máis como teléfonos que como smartphones, de aÃ
que sorprenda que veñan de lanzar oficialmente en España os seus últimos
móbiles de alta gama, que dificilmente adquirirá un consumidor informado.
É difÃcil imaxinar a alguén mercando un Huawei P50 Pro por
1.199 euros, por mor das limitacións do seu software, especialmente porque este
terminal chega cunhas prestacións que poderiamos considerar como de 2021,
co 5G desactivado e co único reclamo na calidade das súas cámaras traseiras
(cun sensor principal de 50 MpÃxeles en cor apoiado por un sensor mono de 40
MpÃxeles).
O outro móbil que sorprende que trouxesen a España é o Huawei P50 Pocket,
o encartable de Huawei que aposta polo deseño e quere competir co Samsung
Galaxy Flip3 5G, pero o grande problema deste dispositivo sen 5G é que
pretenden vendelo a 1.599 euros, mentres que o modelo de Samsung ten un prezo
oficial de 999 euros e pode atoparse facilmente por menos de 800 euros (incluso
a través de operadora), confirmando unha vez máis que en smartphones Huawei é
unha marca totalmente fóra do mercado.