IKEA venderá estores conectados

luns, 7 de xaneiro do 2019 Marcus Fernández

Unha das compañías que mellor está a saber ver a tendencia dos fogares conectados é IKEA, que paseniñamente vai introducindo produtos que contribúen claramente á adopción da domótica como as súas lámpadas conectadas, e agora, nalgúns países europeos, e sen realizar grandes anuncios, están a introducir os estores FYRTUR, que non só están motorizados, senón que tamén poden controlarse mediante mandos sen fíos (un mesmo mando pode controlar até 10 estores) e incluso son compatibles coas centraliñas de domótica TRÅDFRI, facilitando así o control a través do móbil ou incluso tirando proveito de Alexa (Amazon), o HomeKit de Apple ou Google Home.
É de esperar que o produto estea proximamente dispoñible no mercado español.

PUBLICIDADE