IKEA venderá mobles con sistema de carga sen fÃos
luns, 2 de marzo do 2015
Unha
das prestacións que levan varios anos a incorporar os smartphones de alta gama,
e que continúan sen ter unha adopción masiva, é o da carga sen fÃos, que
resulta sumamente cómoda, pero que aÃnda non atopou o xeito de integrarse no
noso dÃa a dÃa dun xeito práctico e discreto, o que quere solucionar IKEA, que
vén de anunciar que para
o mes de abril vai pór á venda unha serie de produtos que integrarán a tecnoloxÃa
de carga por indución Qi, estándar apoiado polo Wireless Power Consortium e
é o empregado por practicamente todos os smartphones actuais con carga sen
fÃos.
Os primeiros produtos de IKEA que incluirÃan un sistema de carga sen fÃos Qi
serÃan mesiñas de noite, lámpadas e escritorios, que buscarÃan asà evitar ter
que encher o fogar con cables para cargar o smartphone con frecuencia, facendo
que a recarga da baterÃa do teléfono sexa case transparente ao usuario, xa que
chegarÃa con repousar o terminal sobre algún dos mobles compatibles, evitando a
fricción de ter que conectar un cable polo seu porto microUSB, e tamén podendo
atender unha chamada entrante sen ter que estar pendente de quitar o cable de
carga.
AÃnda que a tecnoloxÃa de carga sen fÃos xa está dispoñible en terminais con
bastante tempo no mercado como o Nexus 4 ou o Lumia 920, é posible integrar
esta tecnoloxÃa en dispositivos que non a incluÃsen de serie mediante fundas,
que posiblemente tamén venderá a propia IKEA para potenciar a venda do seu
mobiliario que tamén agochará un porto USB para poder empregar un sistema de
carga ordinario.
- En abril IKEA lanzará distintos produtos con carga Qi