INSTEON anuncia unha lámpada LED controlable remotamente

xoves, 21 de xuño do 2012 Marcus Fernández

O fabricante de solucións domóticas INSTEON anunciou esta semana unha lámpada LED de 8 vatios, capaz de iluminar cunha intensidade semellante á dunha lámpada incandescente de 60 vatios, que presume de ser a primeira no mercado en ser controlable remotamente por rede, o que permitiría non só controlar o seu acendido e apagado mediante un mando a distancia, senón incluso dende un smartphone ou tablet con Android ou iOS.
O prezo deste tipo de lámpadas é de 29,99 dólares e polo momento só aceptan pedidos en cantidades limitadas para EE.UU., para poder atender á elevada demanda dun produto innovador que non só aforra enerxía, senón que está aberto a múltiples posibilidades, como programar distintas configuracións de iluminación (xa que poderían definirse os tempos de acendido das lámpadas cunha iluminación progresiva ou distintos niveis de intensidade).
Podemos ver o funcionamento básico destas novas lámpadas no seguinte vídeo:

PUBLICIDADE