Imán para a neveira con gravación de vídeo

venres, 4 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Os imáns para pendurar do frigorífico poder ser elementos decorativos ou ter a súa utilidade (como para suxeitar notas en papel), e nesta última liña sorpréndennos co Digital Video Memo, que é unha pantalla de 1,5 polgadas con retroiluminación LED que integra unha cámara para almacenar na mesma unha gravación de vídeo de 30 segundos, ideal para deixar saúdos ou recados na porta da neveira (pois conta cun imán na súa parte traseira).
Este dispositivo de 6,5 x 6,5 x 2 centímetros cárgase por USB e véndese a través da Internet por 29,99 libras esterlinas (34,36 euros).

PUBLICIDADE