Intel lanza novos procesadores Xeon de cuádruplo núcleo para servidores

martes, 14 de agosto do 2007 Matías Olazabal

Intel lanza novos procesadores Xeon de cuádruplo núcleo para servidores

Onte, luns 13, a empresa Intel engadiu dous novos procesadores á súa serie Xeon, a máis rápida que a empresa ten até o día de hoxe. Trátase dos modelos X5365 y L5335, os que, grazas ós seus catro núcleos son quen de levar a cabo múltiples tarefas a unha gran velocidade, administrar mellor a memoria operativa e axilizar as funcións mais complexas, como por exemplo o rendering de imaxes.

O X5365, que pode ser instalado tanto en servidores coma nas denominadas workstations (ordenadores de alto rendemento para traballo técnico), acada unha velocidade de 3 ghz, e foi deseñado coa idea de mellorar o procesamento de datos e permitir levar a cabo operacións de deseño e análises nun mesmo tempo. A alimentación do mesmo é a estándar (a 120 vatios nos EE.UU) e ó igual cóL5335 incorpora un bus frontal cunha velocidade de 1333MHz.

O outro acabado de chegar, o L5335, recoméndase para servidores que requiran un maior aforro de espazo e de enerxía. É un pouco máis lento có seu irmán, chegando a unha velocidade de 2.0 GHz, pero cun baixo consumo de enerxía de tan só 50 vatios, ou o que é o mesmo: 12.5 por procesador.

En canto os prezos, o X5365 roldaría os 1.172 dólares (uns 863 euros) mentres que o L5365 sería máis económico, xa que chega ao mercado cun prezo recomendado

PUBLICIDADE