Interesante reprodutor multimedia portátil de alta definición

xoves, 26 de novembro do 2009 Marcus Fernández

Os reprodutores multimedia portátiles cada vez conseguen maiores prestacións, o que non sempre implica prezos elevados, coma demostra o RAmos T9HD, un dispositivo que mide 111 x 72 x 15 milímetros e conta cunha pantalla táctil capacitiva de 4,3 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles, que sirve para escoitar música en MP3, FLAC, WMA, APE, WAV e outros formatos, visualizar fotografías en JPEG, BMP e GIF, ler texto e, principalmente, reproducir vídeo en multitude de formatos (MKV en H.264, AVI, RMVB, FLV, MPEG, VOB e outros) ata unha resolución de 1.280 x 720 píxeles a 30 fotogramas por segundo, ou sexa, un auténtico monstro que conta con 8 Gb de capacidade de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD de ata 8 Gb.
Tamén conta con gravación de voz, calendario, saída de televisión e soporte de mando a distancia. O seu prezo de venda é de só 111,18 euros.


Demostración do funcionamento do RAmos T9HD

PUBLICIDADE