J-Stars Victory VS+ sae á venda para as consolas de Sony
venres, 26 de xuño do 2015
Para
os afeccionados de series de animación xaponesas como One Piece, As Bolas Máxicas,
Bleach, O Dr. Slump e Arale, Naruto,
Los Caballeros del ZodÃaco ou Kenshin, chega hoxe ás tendas J-Stars
Victory VS+, un tÃtulos de loita de 1 contra 1 ou 2 contra 2, que
finalmente está ao alcance dos usuarios europeos de PlayStation 4, PlayStation
3 e PlayStation Vita.
Máis de 50 personaxes do manga e o anime enfróntanse neste xogo que xa saÃu no
Xapón hai un par de anos, e que por fin podemos gozar en Europa con algunhas
novidades, especialmente na versión de PS4, que incluso conta cun exclusivo
modo Arcade.
Este tÃtulo chega para celebrar o 45º aniversario da revista Shonen JUMP e o 20º aniversario da
revista V JUMP, auténticos referentes
da banda deseñada e a animación no Xapón, que mesturan os seus personaxes nun
xogo que permitirá visitar escenarios dos mundos das distintas franquÃas que
recrea, de xeito que podemos revivir o combate entre Son Goku e Freezer,
realizar as técnicas de Naruto, ver como Gachan axuda a Arale a derrotar aos
seus inimigos ou comprobar se o Cabaleiro de Pegaso pode superar en combate ao
guerreiro do espazo Vexeta. Toda unha sorte de combinacións que deixarán
impresionados aos seareiros deste completo cadro de loitadores saÃdos do manga.
- No xogo podemos ver como se mesturan personaxes de distintas series de manga e anime no mesmo escenario para enfrontarse en combate
VÃdeo promocional do novo xogo de Bandai Namco