JDI presenta un panel 8K de 17,3 polgadas

venres, 2 de outubro do 2015 Marcus Fernández

Japan Display (JDI) anunciou esta semana o desenvolvemento do primeiro panel do mundo de 17,3 polgadas para integrar en monitores estándar que presenta unha resolución de 8K. Esta nova pantalla panorámica tería unha resolución de 7.680 x 4.320 píxeles (o que supón unha densidade de 510 puntos por polgada) e unha velocidade de refresco de 120 Hz, polo que sería un produto moi válido para unidades de produción de vídeo.
Este módulo LCD foi uso de tecnoloxía LTPS e goza do ángulo de visión propio da tecnoloxía IPS, conseguindo unha nitidez impresionante grazas a presentar imaxes 8K, que polo momento aínda superan por moito a demanda do mercado audiovisual (lembremos que practicamente non existen emisións 4K, polo que o 8K estaría moi lonxe, de chegar algún día), pero que poden ter grande utilidade en contornos onde é importante contar con imaxes de alta resolución (como monitores médicos).

PUBLICIDADE