JVC combina VHS, DVD, Blu-ray e disco duro nun único dispositivo

venres, 30 de outubro do 2009 Marcus Fernández

Co lanzamento do DVD proliferou a aparición de dispositivos combinados que buscaban integrar o vello reprodutor de VHS co novo formato, coa intención de facilitar a conservación das vellas cintas en soporte óptico, e JVC quere levar esta tendencia moito máis aló e vai lanzar a primeiros de novembro no Xapón o dispositivo DR-BH250, que integra reprodutor/gravador de Blu-ray e DVD, vídeo VHS e disco duro de 250 Gb, con porto USB, lector de tarxetas SD/SDHC e HDMI.
Este trebello que venderán por uns 118.000 iens (888,85 euros) facilita o traslado de contidos entre DVD, VHS e Blu-ray, aínda que hai que admitir que a gravación de contidos de definición estándar tomadas dun VHS nun disco Blu-ray pode resultar bastante absurda (dado que a calidade de imaxe que achegan as cintas de vídeo é moi reducida).

Ao abrir a tapa do DR-BH250 descubrimos o sistema de carga de cintas VHS

PUBLICIDADE