JVC incorpora Bluetooth a unha cámara de alta definición

luns, 22 de marzo do 2010 Marcus Fernández

A cámara de vídeo de alta definición JVC Everio GZ-HM550 non só destaca polo seu sensor retroiluminado CMOS de 10,6 Mpíxeles, a súa óptica Konica Minolta de 10x, estabilización de imaxe A.I.S., tecnoloxía Super LoLux para facilitar a toma de imaxes con pouca luz, a gravación ata a 1.920 x 1.080 píxeles a 60 fps e 24 Mbps e incluso un modo de gravación time lapse (para capturar longas secuencias de tempo coma se fosen a cámara rápida), senón que a súa principal innovación é a incorporación de conectividade Bluetooth.
O uso do Bluetooth é máis versátil do que parece a primeira vista, e non limítase á transferencia de fotografías tomadas coa cámara ao móbil, senón que tamén serve para utilizar un terminal móbil coma mando a distancia (podendo activar remotamente as gravacións e facer uso do zoom), conectarse a un dispositivo GPS para localizar as imaxes e vídeos conforme á posición no mapa dende a que se tomen e incluso para utilizar un micrófono Bluetooth.
Esta cámara inclúe unha memoria interna de 32 Gb, ampliable mediante tarxetas SDHC, e o seu prezo de venda nos EE.UU. é de 799 dólares , mentres que en España pode atoparse por 649 euros.


Presentación en vídeo das posibilidades do Bluetooth na cámara JVC GZ-HM550

PUBLICIDADE