Jet Set Radio podería incorporarse a Xbox LIVE Arcade

luns, 26 de abril do 2010 Marcus Fernández

A semana pasada falábamos da posibilidade de que os xogos Crazy Taxi, Sonic Adventure e Quake 3 Arena rexurdiran coma títulos descargables para a Xbox 360, e agora aparece outro título moi interesante en sumarse á colección: Jet Set Radio.
Polo momento só temos unha captura de pantalla (que podería estar retocada) que demostre que o xogo que aparecera inicialmente en Dreamcast, Jet Set Radio, está en preparación para a consola doméstica de Microsoft, pero tendo en conta que é un dos títulos mellor valorados da última consola doméstica de SEGA, non sería de sorprender este paso. De feito, de confirmarse os títulos que están a filtrarse, estariamos ante o máis semellante a unha resurrección da Dreamcast a través de remakes dos seus títulos, o que agradecerán moitos nostálxicos.

Imaxe do Jet Set Radio para Dreamcast

PUBLICIDADE