Journey e as primeiras entregas de Uncharted serán de balde temporalmente

martes, 14 de abril do 2020 Marcus Fernández

Para facer máis doado de levar o confinamento dende Sony lanzan a iniciativa Play At Home, que por unha banda contará con fondo de para axudar aos estudios de videoxogos independentes que están a experimentar dificultades financeiras nesta complexa situación, e que no que aos consumidores se refire contará con xogos que poderán adquirirse de balde entre o 16 de abril e o 6 de maio.
Os xogos que ofrecerán de balde para xogar na casa cunha PlayStation 4 son a The Nathan Drake Collection (recompilación das 3 primeiras entregas das saga Uncharted) e Journey (un dos xogos independentes mellor valorados dos últimos anos, que ofrece unha experiencia persoal moi emotiva e innovadora).
Se ben os xogos de Uncharted xa formaron parte da selección de PlayStation Plus de xaneiro (polo que son moi poucos os xogadores de PlayStation 4 que aínda non teñen estes xogos), no caso de Journey o seu paso por PlayStation Plus foi en 2016, polo que podemos entender que a súa oferta de balde é especialmente interesante para os que chegaran a PS4 hai pouco tempo, ou simplemente non fosen subscritores de PS Plus.

PUBLICIDADE