Just Dance 4 permitiranos bailar o Gangnam Style

venres, 19 de outubro do 2012 Marcus Fernández

A canción Gangnam Style do surcoreano PSY está a ser todo un fenómeno mundial que superou os 500 millóns de reproducións en YouTube (converténdose no 4º vídeo máis reproducido na historia do servizo de vídeo de Google) sendo un dos detalles máis significativos do vídeoclip a súa coreografía, o que finalmente vai aproveitarse nun videoxogos, e Ubisoft anuncia que no mes de novembro vai estar dispoñible a popular canción como contido descargable para o xogo de baile Just Dance 4, que este mes chegou ás tendas en versións para Wii, Xbox 360 e PlayStation 3 (posteriormente tamén terá versión para Wii U).


Vídeo do Gangnam Style de PSY que está a arrasar en YouTube e nas televisións de case todo o mundo

PUBLICIDADE