Karateka gozará en novembro de remake en alta definición

martes, 2 de outubro do 2012 Marcus Fernández

Imaxe do clásico Karateka editado nos anos 80

O creador do clásico Prince of Persia, Jordan Mechner, estreou en 1984 para ordenadores Apple II o xogo Karateka, que adaptaríase posteriormente á meirande parte de plataformas do momento (dende ordenadores de 8 bits ata videoconsolas), que partía dun argumento moi tópico: o heroe tiña que enfrontarse a numerosos contrincantes para penetrar na fortaleza dun malvado señor da guerra para liberar á súa moza secuestrada, sorprendendo no seu momento pola súa fluidez de movementos (como tamén pasou con Prince of Persia), e pese a non ser un alarde de orixinalidade, Liquid Entertainment está a traballar no seu remake en alta definición para Xbox 360, PS3 e Wii U, do que veñen a publicase algúns detalles en Xbox.com.

Jeff Matsuda dirixiu o apartado artístico deste remake

Confírmase que o novo xogo conta co deseño artístico de Jeff Matsuda (Batman: The Animated Series) e con música de Christopher Tin (Civilization IV). O novo Karateka amosa unha estética de debuxo animado grazas á técnica do cel-shading e agárdase que a aventura para salvar á fermosa Mariko do malvado Akuma poidan recuperarse a partires do 14 de novembro, data na que debería saír este título na súa versión para Xbox 360 (do resto de versións aínda non sabemos a data exacta).

O cel-shading permite recuperar este clásico cuns agradables gráficos en alta definición

PUBLICIDADE