Kill Strain chega para usuarios de PlayStation Plus
martes, 12 de xullo do 2016
A partires de hoxe mesmo os xogadores de PlayStation 4 que
estean subscritos a PlayStation Plus poderán descargar de balde o novo xogo de
disparos multi-xogador asimétrico de San Diego Studio, Kill
Strain, que poderán
descargar o resto de xogadores de PS4 a partires do 19 de xullo.
Neste xogo propónsenos traballar para os servizos de seguridade de Chromacode
nunha instalación situada no Ártico, onde haberá que asegurar distintas
posicións ante os ataques da Cepa e completar tarefas como: asegurar a perforadora
e reparar a súa colleitadora; cando a carga estea completa nos contedores ARCC
haberá que entregalalos na estación de procesamento e asegurar o lugar; e tamén
haberá que entregar á estación todos os contedores que se poida.
No xogo non só haberá que asegurar rexións ante a ameaza mutante da Cepa, senón
que tamén haberá outros grupos de mercenarios que traballan para outras
empresas, e que tamén competirán polos recursos da zona.
Tamén iremos conseguindo bonificacións segundo cumpramos obxectivos, para así
poder ir mellorando os nosos personaxes para que sexan máis efectivos no campo
de batalla.
Aínda que Kill Strain conta cun modo
para 1 xogador, está orientado ao xogo en liña, permitindo partidas de até 10
xogadores simultáneos.
Tráiler de lanzamento de Kill Strain