Killer Instinct chega a Windows 10
luns, 4 de abril do 2016
En 1994 e 1996 Rare lanzou un par de curiosos xogos de loita
baixo a marca Killer Instinct, que
convertéronse en todo un clásico instantáneo, pero que quedaron marxinados até que
Microsoft decidiu rescatar a franquÃa como un xeito de potenciar a súa nova
consola de videoxogos, de xeito que Killer
Instinct volveu co lanzamento da Xbox One como un xogo free-to-play no que podemos controlar de balde a un loitador (que vai mudando de
cando en vez) podendo desbloquearse o resto de loitadores mediante
pagamentos dentro da aplicación. Agora, grazas á estratexia de Microsoft de
unificar os xogos de Xbox One e Windows 10, temos que este
tÃtulo chega á Tenda de Windows 10, onde podemos descargalo de balde.
O xogo para Windows 10 permÃtenos gozar de todos os modos de loita (incluÃndo o
multi-xogador en liña) de balde, con numerosas opcións de personalización, 20
escenarios con etapas de destrución, modo de historia cinemática, un dojo de
adestramento para aprender a controlar o xogo, aproveitar os puntos de gardado
en liña e incluso permitir o enfrontamento en liña entre xogadores de Windows
10 e Xbox One.
A principal limitación deste xogo é que só funciona con equipos con Windows 10
de 64 bits, aÃnda que tamén é algo esixente en canto a hardware, xa que precisa
dun equipo que como mÃnimo teña unha configuración equivalente a un procesador
Intel Core i5-4670K a 3,4GHz, 8 GB de RAM, gráfica nVIDIA GeForce 670 e 30 GB
de espazo libre en disco.