Killer Instinct para Xbox One desbloqueará a versión para PC do xogo

luns, 4 de xaneiro do 2016 Marcus Fernández

Os usuarios Gold de Xbox LIVE poden facerse este mes sen custo adicional coa Edición Completa Ultra de Killer Instinct para Xbox One, o que non só suporía o aforro de 39,99 euros na versión de consola do xogo, senón que están a dar conta de que estamos ante un título cross-buy con Windows 10, ou sexa, que os usuarios que este mes canxeen o xogo para Xbox One espérase que no mes de marzo poidan descargar tamén a versión para PC, que sairá simultaneamente coa terceira tempada de Killer Instinct.
O xogo de loita non só permitirá que quen o compre nunha plataforma poida xogalo en ambas, senón que tamén contará con xogo cruzado, ou sexa, que non haberá diferenza entre xogar a Killer Instinct en Xbox One ou en PC con Windows 10, o que favorecerá ao seu xogo en liña, que contará cunha maior base de xogadores en competición.

Este mes os xogadores de Xbox One con Gold reciben sen custo adicional os loitadores das súas primeiras tempadas de Killer Instinct

PUBLICIDADE