Killzone 3 contará con demo do seu modo campaña

mércores, 26 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

Sony anunciou que o xogo Killzone 3, que chegará ás tendas o 23 de febreiro, estreará unha versión de demostración o vindeiro día 9 para usuarios de PlayStation Plus e o día 16 para o resto de usuarios da PlayStation 3, nun adianto do modo campaña do xogo co nivel coñecido coma Icy Incursion e que poderá descargarse en 2 versións separadas: unha en 2D e outra en 3D. A versión en 2D permitirá a posibilidade de xogar en modo cooperativo a pantalla partida.
Esta demo de Killzone 3 aceptará o uso do mando de PlayStation Move para dotar ao xogo dun control máis inmersivo, de xeito que boa parte das características do xogo completo poderán probarse antes do seu lanzamento, o que resultará de grande utilidade para decidir a súa compra, coma o vídeo que veñen de publicar dende Sony no que amosan o modo multi-xogador deste título:

PUBLICIDADE