Killzone Mercenary estrearase para PS Vita o 5 de setembro
luns, 5 de agosto do 2013
Guerrilla vén de confirmar que o seu xogo Killzone Mercenary para PS Vita está a
avanzar a bo ritmo, de xeito que nos últimos dÃas estreou
unha versión beta limitada a uns poucos afortunado que a finais de mes abrirase
ao público xeral, para que poidan facerse unha idea do que achegará o modo
multi-xogador co que contará o xogo cando
chegue ás tendas o vindeiro 5 de setembro.
Este xogo de acción en primeira persoa está a afinar as súas funcións especiais
para que na súa estrea poida achegar unha experiencia á que estamos a gozar en
consolas domésticas, pero facendo uso da última portátil de Sony, que entre as
súas caracterÃsticas fÃsicas ten un par de mandos analóxicos, o que facilita trasladar
o sistema de control dos gamepads.
No modo historia de Killzone Mercenary
tomamos o papel de Arran Danner, un mercenario contratado para loitar ao lado
dos ISA nunha misión de infiltración; mentres que no modo multi-xogador
visitarase Corinth River, o centro sanguento da invasión ISA de Helghan, onde
haberá que medirse contra outros usuarios.
VÃdeo promocional de Killzone Mercenary