Kingston eleva a capacidade das súas memorias USB ata os 256 Gb

martes, 21 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Kingston non parece conforme con contar no seu catálogo cunha memoria USB de 128 Gb e veñen de dobrar o seu tamaño, de xeito as memorias DataTraveller 300 estrean modelo de 256 Gb, o que a converte no dispositivo deste tipo de máis capacidade do mercado, aínda que o seu prezo de venda tamén é bastante elevando, vendéndose no Reino Unido por 565,67 libras (653,55 euros).
Estas tarxetas de memoria de Kingston son compatibles co programa Password Traveler que permite protexer os seus contidos cun contrasinal (abrindo unha zona privada na unidade que pode albergar ata o 90% da súa capacidade).
Este tipo de unidades de memoria pode transportarse con certa comodidade e seguridade, ao contar cun conector USB retráctil e a posibilidade de prendelo a un chaveiro. Amais, é capaz de ler datos a 20 Mb/seg. e gravalos a 10 Mb/seg., o que fai a esta unidade compatible coa tecnoloxía Windows ReadyBoost (de xeito que pode empregarse coma memoria secundaria para acelerar equipos con Windows Vista).

PUBLICIDADE