Kingston presenta a súa memoria USB 3.0 de 1 Tb

martes, 8 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

Aproveitando o CES, o fabricante de unidades de memoria Kingston amosou o que será a nova xeración das súas unidades DataTraveler HyperX Predator que actualmente teñen unha capacidade de 512 Gbytes e unha velocidade de ata 240 Mbytes/seg. de lectura e 160 Mbytes/seg de escritura (en USB 3.0), e que durante este mesmo trimestre levarán a súa capacidade ata o terabyte, mellorando así en capacidade e velocidade a moitos discos duros externos autoalimentados á vez que consegue unha maior portabilidade.
Estas unidades USB 3.0 tamén son compatibles con portos USB 2.0 (aínda que non poderán aproveitar a súa velocidade extrema) e tamén destacan por contar cunha carcasa metálica de aliaxe de cinc que faina resistente a impactos. Pode transportarse en formato de chaveiro, e as dimensións da unidade USB solta son de 72 x 26,94 x 21 milímetros.


Vídeo de presentación das novas unidades USB 3.0 de Kingston

PUBLICIDADE