Kingston presenta novas memorias USB 3.0 rápidas e de grande capacidade
luns, 21 de novembro do 2011
A Kingston
DataTraveler HyperX 3.0 é unha nova unidade de memoria USB que consegue as
mellores velocidades e maiores capacidades, pois é compatible con conexións USB
2.0 de ata 30 MBytes/seg. de lectura/escritura e USB 3.0 de ata 225 Mbytes/seg.
de lectura e 135 Mbytes/seg. de escritura con capacidades de 64, 128 e 256
Gbytes, máis propias de discos duros que dun pequeno accesorio de 74,99 x 23,29
x 15,9 milÃmetros.
Estas unidades de memoria son compatibles con portos USB 2.0 e USB 1.1, teñen
unha carcasa resistente, e soportan a tecnoloxÃa ReadyBoost (para acelerar o
funcionamento do equipo informático ao que se conecte).
Polo momento só se deu a coñecer o prezo dos modelos de 64 e 128 Mbytes, que
serÃan de 193 e 377 dólares (143 e 279,36 euros respectivamente).
VÃdeo de presentación das novas unidades de memoria Kingston DataTraveler HyperX 3.0