Kodak presenta un smartphone con aires de cámara fotográfica
xoves, 20 de outubro do 2016
Para gañar o corazón de moitos amantes da fotografÃa Kodak presentou
hoxe o smartphone
Kodak Ektra, que ten
prevista a súa comercialización en Europa a partires do mes de decembro a
499 euros, e que non só apostará por cámaras moi completas, senón que tamén
presenta unha ergonomÃa e unha aparencia estética moi semellante ao das cámaras
fotográficas tradicionais.
O Kodak Ektra está equipado cunha cámara traseira de 21 MpÃxeles cun enfoque
rápido e unha apertura f/2.0, mentres que a súa cámara frontal ten uns
xenerosos 13 MpÃxeles con enfoque de detección de foco e apertura f/2.2. Amais
o móbil inclúe unha aplicación de cámara cun sistema de selección de escena na
liña das cámaras réflex, con axustes en tempo real para poder elixir entre os
modos HDR, paisaxe, retrato, macro, deporte, noite, panorámica e bokeh, para
poder tomar boas instantáneas sen ter que realizar axustes avanzados, que si
poderán realizar os usuarios máis experimentados axustando manualmente a exposición,
a ISO, o enfoque, o balance de brancos e a velocidade de obturación, con
resultados que poden verse en pantalla en tempo real. Tamén inclúe unha
aplicación de edición fotográfica de Snapseed para conseguir resultados de
calidade dende o propio móbil.
Deixando a un lado a face fotográfica, o Kodak Ektra é un smartphone que
funciona con Android 6.0, procesador Helio X20 de 10 núcleos a 2,3 GHz, 3 GB de
RAM, 32 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD) e
baterÃa de 3.000 mAh con carga rápida a través do seu porto USB-C.
- O exterior do smartphone Kodak Ektra parece máis unha cámara fotográfica que un teléfono, tanto en acabados como en ergonomÃa