Kohjinsha presenta un ultraportátil con pantalla de 4,8 polgadas

xoves, 10 de setembro do 2009 Marcus Fernández

O fabricante nipón Kohjinsha presentou os seus ultraportátiles serie PM, que definirá a este equipo con pantalla LCD de 4,8 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxeles, procesador Intel Atom N510 a 1,1 GHz, 512 Gb de RAM, 16 Gb de SSD, cámara de 1,3 Mpíxeles, 1 porto miniUSB 2.0, Wi-Fi, Bluetooth 2.0 + EDR e lector de tarxetas microSDHC.
Este ultraportátil de reducidas dimensións só mide 158 x 94,2 x 13,5-22 milímetros, pesa 345 gramos, ten unha autonomía dunhas 7 horas e véndese por 59.800 iens (446,11 euros) incluíndo Windows XP Home Edition e Office preinstalados. Cómpre lembrar que este tipo de ultraportátiles intentou imporse hai anos, pero non conta coa popularidade dos actuais equipos con pantallas de 8,9-10,2 polgadas, aínda que resístense a desaparecer do mercado, pois seguen a ter un público que gusta deste ordenadores de alta portabilidade.

PUBLICIDADE