L.A. Noire chega ás tendas españolas

venres, 20 de maio do 2011 Marcus Fernández

Un dos xogos de Rockstar Games xa é unha realidade, e hoxe chega ás tendas española en versións para PlayStation 3 e Xbox 360 L.A. Noire, un thriller que conta a historia de Cole Phelps, un veterano da Segunda Guerra Mundial que se incorpora como detective na policía de Los Ángeles en plena Idade de Ouro de Hollywood, polo que a ambientación xoga un papel moi importante nesta aventura na que haberá que resolver unha serie de casos nos que o protagonista cruzarase con aspirantes a estrelas fracasados, axentes corruptos e toda unha serie de personaxes que poderiamos considerar tópicos en novelas e películas de xénero negro.

L.A. Noire é un xogo de mundo aberto moi na liña do que nos ten afeitos Rockstar Games

Aínda que moitos usuarios botaranse directamente sobre este título polo mero feito de ser obra dos responsables de sagas como a de Grand Theft Auto e xogos de éxito como o recente Red Dead Redemption considérase como unha garantía deste título que chega a un prezo recomendado de 65,99 euros e cun PEGI de +18.
Pese a que a estética coidada e unha historia robusta parezan ser suficientes para valerlle boas críticas a este xogos, a meirande parte dos que o probaron coinciden en destacar que é a expresión facial dos personaxes (chave para saber se son de fiar durante os interrogatorios) chega a un nivel sen precedentes grazas a un revolucionario sistema de captura de movementos que suporá un antes e un despois no sector dos videoxogos.

Os interrogatorios terán moita importancia no xogo, e amosan a excelencia da tecnoloxía de captura de movemento aplicada durante o desenvolvemento de L.A. Noire
O protagonista do xogo é un policía que pasa por distintos departamentos durante a súa longa aventura

PUBLICIDADE