LEGO City Undercover estrea trailer en español
martes, 5 de febreiro do 2013
O 28 de marzo vai chegar ás tendas LEGO
City Undercover, a primeira aventura de acción de mundo aberto en
exclusiva para Wii U, ou sexa, que as figuras de LEGO atrévense cun xogo que
está a ser considerado como un herdeiro do GTA:
San Andreas, aÃnda que desta volta encarnaremos ao policÃa Chase McCain,
que nunha misión de incógnito deberá rematar co crime en LEGO City e prender ao
perigoso Rex Fury. Este novo tÃtulo terá como grande incentivo o vir totalmente
localizado ao español, como pode verse no seu último trailer, no que tamén nos
detallan algunhas das súas caracterÃsticas.
LEGO City Undercover non só seguirá
na liña doutros xogos de LEGO con diversión e humor, senón que tamén
aproveitará o hardware da Wii U como corresponden a un tÃtulo exclusivo para
esta nova plataforma, de xeito que poderemos empregar o GamePad da consola
doméstica de Nintendo para buscar pistas e atopar aos criminais, para obter
actualizacións para a misión e moito máis.
O xogo tamén estará
dispoñible nunha edición limitada que incluirá unha figura de LEGO de Chase
McCain.
Novo trailer en español do xogo LEGO City Undercover
- O xogo segue na liña dos últimos tÃtulos baseados en bonecos de LEGO, cunha mecánica sinxela e o uso do humor