LEGO El Señor de los Anillos estrea demo para Xbox 360
martes, 27 de novembro do 2012
A semana pasada chegou ás tendas de videoxogos LEGO El Señor de los Anillos, xogo que
busca trasladar dun xeito divertido e familiar as épicas aventuras da Terra
Media narradas por J. R. R. Tolkien, e que para darse a coñecer un chisco máis
estrea hoxe versión
de demostración para Xbox 360, de xeito que os usuarios da consola
doméstica de Microsoft poden probar este tÃtulo de balde. Dende hoxe a demo
está dispoñible para usuario Gold, e para a semana que vén abrirase a todos os
usuarios da 360.
En LEGO El Señor de los Anillos búscase
facer unha boa adaptación máis das pelÃculas de Peter Jackson que da obra de
Tolkien, e o acabado conséguese con mestrÃa, conseguindo inxectarlle o estilo e
humor dos xogos de LEGO, polo que parece que será un éxito rotundo, con tantas
horas de diversión para toda a familia como foi habitual en entregas anteriores
da marca como LEGO Batman 2: DC Super
Heroes.
- As pelÃculas de Peter Jackson vense ben reflictidas en LEGO El Señor de los Anillos