LEGO Star Wars III: The Clone Wars chegará ás consolas de videoxogos no outono

luns, 8 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

LucasArts e TT Games sorprenderon hoxe ao anunciar o desenvolvemento do videoxogo LEGO Star Wars III: The Clone Wars, de xeito que a versión máis infantil da franquía de George Lucas vai volver despois de dúas entregas de éxito inspiradas nas películas de cine da saga, mentres que desta volta serán a serie de televisión en curso a que collerá a forma de bonecos de LEGO nunha aventura que estará dispoñible para PlayStation 3, Xbox 360, Wii, PSP, Nintendo DS e PC o vindeiro outono.
Polo momento os xogos de LEGO Star Wars venderon máis de 20 millóns de unidades en todo o mundo, de aí que continúen a tirar proveito dunha franquía de éxito que xunta nun mesmo título humor e diversión, tanto pola estética deste tipo de xogos coma pola súa mecánica, que nesta nova entrega prometer ser o mellor xogo de acción de LEGO creado ata o momento.

PUBLICIDADE