LEGO Worlds desembarca como xogo completo para ordenadores e consolas
mércores, 8 de marzo do 2017
A
mediados de 2015 xurdiu en Steam como xogo de Acceso Anticipado LEGO Worlds,
o que podemos entender como a resposta de LEGO ao fenómeno de Minecraft, e que ofrecÃa aos xogadores a
posibilidade de gozar dun mundo aberto de mundos xerados por procedementos e
fabricados con ladrillos de LEGO, que poden manipularse para desatar a
creatividade, e durante a xornada de onte sorprenderon estreando a súa versión
1.00 para PC, ou sexa, que deixa de ser un xogo en Acceso Anticipado para
converterse nun produto
completo que pode mercarse por 29,99 euros en Steam, adiantándose un par de
dÃas ao lanzamento das versións
do xogo para PlayStation 4 e Xbox
One, que curiosamente tamén terán o mesmo prezo en dixital, aÃnda que en
formato fÃsico as tres versións poden atoparse a prezos inferiores (19,99 euros
para PC e 24,95 euros para consola).
En LEGO Worlds os xogadores poden
descubrir tesouros agochados en contornos que van dende o divertido até o
fantástico, onde os mundos cobra vida cunha grande variedade de vehÃculos e
criaturas, como vaqueiros que montan en xirafas, vampiros que asustan a homes
das neves, máquinas de vapor ou excavadoras xigantes.
Os xogadores poderán embarcarse nunha aventura para converterse nun Mestre
Construtor ao axudar a outros persoanxes de LEGO polo camiño, buscando unha
espada para un rei, protexendo a un granxeiro dunha invasión de mortos viventes
ou construÃndo unha casa para un cavernÃcola.
Os contornos e creacións cobran vida de calquera xeito que os xogadores poidan
imaxinar, sexa construÃndo peza a peza ou empregando ferramentas que permitan
pintar e modificar o contorno, e grazas ao multixogador os usaurios tamén
poderán explorar os mundos acompañados por amigos, podendo crear e xogar tanto
en modo cooperativo como comentitivo.
VÃdeo promocional de LEGO Worlds