LG crea a meirande pantalla OLED do mundo xuntando 820 paneis de alta definición
luns, 14 de agosto do 2017
Para demostrar as posibilidades das pantallas OLED de marco
aberto LG chegou a un acordo con Emaar Entertainment, operador do Acuario de Dubai
para facer realidade un proxecto que concretouse no video wall OLED máis grande do mundo, para o que xuntaron
820 pantallas de alta definición.
Esta impresionante instalación que poderÃa considerarse como a pantalla OLED
máis grande do mundo, permite revolucionar os espazos comerciais á vez que
demostra a innovación en pantallas, pois cómpre salientar que non estamos a
falar dun video wall tradicional, con
pantallas planas, senón que está formado con pantallas curvas tanto cóncavas
como convexas, e tanto en vertical como en horizontal, construÃndo unha forma
que hai poucos anos era imposible e ofrecendo unha imaxe de moi alta calidade
grazas aos avances da tecnoloxÃa OLED, que ofrece non só unha grande eficiencia
enerxética, senón tamén un negros profundos, unhas cores vibrantes e un grande
ángulo de visión, superando claramente aos panel retroiluminados convencionais.