LG achega a comodidade e o deseño ás lentes 3D

martes, 27 de decembro do 2011 Marcus Fernández

As novas lentes F320, F360 e F310 de LG son máis lixeiras que as súas predecesoras

Gozar de contidos 3D con lentes pode ser unha experiencia tan incómoda como anti estética, e pensando niso LG Electronics presentou unha nova colección de lentes 3D, incluíndo un par do deseñador Alain Mikli, que poranse á venda no primeiro trimestre de 2012. Os novos modelos serán as lentes F310, o acople F320 (para quen use lentes graduadas) e as Alain Mikli F360, e son máis lixeiras e cómodas que outras lentes semellantes, o que agradecerán quen teña televisores ou monitores LG CINEMA 3D ou mesmo quen queira empregalas no cine sen ter que levar as lentes que comercializan nas salas cinematográficas (que non destacan pola súa comodidade e lixeireza).
Estas lentes pasivas resultan moito máis cómodas que as activas (argumento que levou a LG a apostar por esta tecnoloxía) e, ao carecer de compoñentes electrónicos, son máis lixeiras e económicas, o que permite que toda a familia poida contar cun par (de feito, os televisores de LG normalmente inclúen varios pares de lentes, aínda que tamén poden mercarse máis a prezos moi asumibles).
No que a peso se refire, as F310 pesa só 13,5 gramos (un 20% menos que as lentes anteriores de LG), mentres que as Alain Mikli F360, que conta cun deseño máis deportivo, só pesa 16 gramos. No caso das F320, estes acoples só incrementan o peso das nosas lentes graduadas en 5,5 gramos, polo que apenas se notará o seu uso mentres se goza de contidos estereoscópicos.

As novas lentes de LG buscan casar comodidade e estética

PUBLICIDADE