LG anuncia un smartphone con 2 Gb de RAM

venres, 4 de maio do 2012 Marcus Fernández

Tras o anuncio do Samsung Galaxy S III a xente de LG non quere quedar atrás, e para chamar a atención presentan o LG Optimus LTE 2, un terminal que presume de ser o primeiro en contar cunha pantalla IPS de True HD (entendemos que se refire a unha resolución de 1.280 x 720 píxeles), que funcionará con Android 4.0, terá conectividade LTE, incluirá unha batería de 2.150 mAh (que duraría un 40% máis que o Optimus LTE anterior) con soporte de de carga indutiva (ou sexa, que pode cargarse con só colocalo sobre unha superficie de carga) e, sorprendentemente, con 2 Gb de RAM, o que dobraría a memoria volátil dos mellores tablets do mercado, polo que é de agardar que esteamos ante un potencial extraordinariamente previsor, que se adapta a necesidades que aínda non xurdiron e chegará ás tendas coreanas a mediados de mes.

O LG Optimus LTE 2 soportará un sistema de carga indutiva

PUBLICIDADE