LG anuncia un televisor curvo de 105 polgadas e ultra alta definición

xoves, 19 de decembro do 2013 Marcus Fernández

O fabricante surcoreano LG continúa a debullar os produtos que achegará á vindeira edición do CES de Las Vegas, e parece que unha das súas creacións máis rechamantes será o soño de moitos cinéfilos: un televisor curvo de ultra alta definición cunha relación de aspecto 21:9 (formato cinematográfico) cunha xigantesca diagonal de 105 polgadas.
O LG 105UB9 presume de ser o televisor curvo máis grande feito nunca, capaz de achegar unha calidade de imaxe que rivaliza coa do cine grazas aos 5.120 x 2.160 píxeles da súa pantalla, conseguindo unha nitidez sen precedentes e unha capacidade inmersiva realmente asombrosa.
Este impresionante televisor do que aínda non se desvelou o prezo poderá verse en xaneiro no Consumer Electronics Show, evento no que confírmase a perda de pulo da tecnoloxía 3D e a potenciación do 4K.

PUBLICIDADE