LG confirma a aparición do Nexus 4 de cor branca
martes, 28 de maio do 2013
O Nexus 4 de
Google é un dos smartphones máis atractivos do mercado pola súa relación
entre as súas prestacións e o seu prezo, que parte de 299 euros, e aÃnda que
polo momento só se ofrece en 2 modelos con capacidades internas de 8 e 16 Gb, o
seu fabricante, LG, vén de confirmar que vai lanzar unha variante
do móbil insignia de Google cunha carcasa de cor branca, detallando tamén
que a compañÃa surcoreana non ten plans para lanzar un futuro Nexus 5.
O Nexus 4 branco porase á venda en Hong Kong mañá mesmo, para desembarcar en
Europa nas vindeiras semanas. Este móbil
funciona con Android 4.2, ten unha pantalla IPS de 4,7 polgadas cunha
resolución de 1.280 x 720 pÃxeles e no seu interior conta cun procesador
Qualcomm Snapdragon S4 Pro e 2 Gb de RAM, polo que está á altura de moitos
outros móbiles de alta gama actuais. Tamén destaca por contar con NFC e sistema
de carga sen fÃos.