LG estrea o cargador sen fíos máis pequeno do mundo

martes, 26 de febreiro do 2013 Marcus Fernández

A carga sen fíos de dispositivos móbiles como o Nokia Lumia 920, o Nexus 4 e o novo LG Optimus G Pro está a converterse nunha tendencia, e para facer máis atractiva esta característica LG presentou hoxe o cargador sen fíos máis pequeno do mundo, o LG WCP-300, que ten un diámetro de só 6,98 centímetros e que adopta unha forma redonda, conseguindo un grande equilibrio entre a portabilidade e a eficiencia de carga.
Como grande vantaxe deste tipo de cargadores está o feito de que funcionan cun estándar de carga (Qi) de xeito que son compatibles entre distintos fabricantes como tamén está a acontecer cos conectores micro USB, o que facilitará a súa integración en elementos do noso día a día, como mesas ou vehículos.

PUBLICIDADE