LG presenta os seus televisores sen marco

venres, 4 de setembro do 2009 Marcus Fernández

LG levou á feira IFA 2009 un par de novos modelos de televisor (SL8000 e SL9000) que destacan por carecer de marco ao redor da súa pantalla, de xeito que os seus frontais están formados por unha peza plana.
O LG SL9000 estará dispoñible en modelos de 42 e 47 polgadas, cun grosor de 2,9 centímetros, unha relación de contraste de 3.000.000:1, tecnoloxía TruMotion a 100 Hz, FullHD con soporte de modo 24p, Bluetooth (para poder escoitar o son con auriculares sen fíos ou para recibir imaxes, música e vídeo) e un porto USB dende o que cargar música en MP3 e vídeo (soportando ata DivX de alta definición).
O LG SL8000 sería un modelo moi semellante, pero cun grosor maior (4,5 centímetros), pero con tecnoloxía TruMotion a 200 Hz, de xeito que mellora a visualización de escenas rápidas (conta cunha velocidade de resposta de 2 milisegundos). Ten una relación de contraste de 150.000:1, e tamén gozas das prestacións multimedia do SL9000.
Sobre os seus prezos, o LG SL8000 de 42 polgadas venderase por 1.399 euros, mentres que o SL900 de 47 polgadas custará 1.699 euros.

PUBLICIDADE