LG presenta un novo smartphone de gama media para actividades en exteriores
luns, 22 de maio do 2017
Para
os aventureiros que non queren realizar un grande desembolso no seu smartphone
LG vén de presentar un novo teléfono móbil moi axeitado, o LG
X Venture, centrado nunha grande resistencia e autonomÃa, e con prestacións
orientadas a actividades ao aire libre.
O LG X Venture é un smartphone cunha aparencia bastante discreta, que non por
iso carece de protección IP68 contra o po e a auga, para o que pasou 14 probas
MIL-STD 810G, asà como tamén é capaz de soportar temperaturas extremas,
impactos e auga (aguantando até 30 minutos a 1,5 metros de profundidade), sen
por iso ter o aspecto exterior dun dispositivo reforzado (ou sexa, sen anti-estéticos elementos de caucho ou goma
para conseguir elevados niveis de protección).
O teléfono inclúe aplicacións como barómetro, compás, medidor de actividade
(pasos/calorÃas/distancia), rastrexador de exercicios, lanterna e estado do tempo;
e para facilitar o seu control conta con tres botóns fÃsicos frontais e un
botón de atalo lateral, facilitando asà a interacción cando, por exemplo, o
usuario viste luvas ou está en contornos húmidos ou pouco limpos.
O LG X Venture é un teléfono con pantalla Full HD de 5,2 polgadas, procesador
Qualcomm Snapdragon 435, 2 GB de RAM, 32 GB de almacenamento interno (ampliable
mediante tarxetas microSD de até 2 TB), cámaras de 12 e 5 MpÃxeles, baterÃa de
4.100 mAh con Quick Charge 2.0, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.2, NFC, radio FM, lector
de pegadas, sistema operativo 7.0, un grosor de 9,29 milÃmetros e un peso de
166,5 gramos. Ten un marco de metal e venderase cunha parte traseira
anti-deslizante en negro ou marrón.