LG presenta un novo tablet con pantalla Full HD de 8,3 polgadas

luns, 2 de setembro do 2013 Marcus Fernández

Ás portas da feira IFA de Berlín, LG Electronics presenta o seu novo tablet, o LG G Pad 8.3, un novo integrante da nova familia G que estrea pantalla de 8,3 polgadas Full HD (1.920 x 1.200 píxeles) e busca combinar unhas boas prestacións cunha grande mobilidade, por estarmos ante un dispositivo cunha batería de 4.600 mAh de longa duración e un peso de só 338 gramos.
O LG G Pad 8.3 funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 600 de catro núcleos a 1,7 GHz. 2 Gb de RAM, cámaras de 5 e 1,3 Mpíxeles, almacenamento interno de 16 Gb e sistema operativo Android 4.2.2, ten un grosor de só 8,3 milímetros e venderase a partir do último trimestre do ano con carcasa en cor branca e negra.
Este novo dispositivo integrará o software de LG optimizado para a grande pantalla dos tablets, de xeito que facilita a multitarefa, permitindo conmutar entre aplicacións abertas cun xesto a tres dedos (Slide Aside) e controlar ata 3 apps diferentes nunha fiestra sen interrupcións (QSlide), á vez que engade KnockON (permite acender e apagar o dispositivo facendo un dobre toque sobre a pantalla).

O tablet tamén se venderá en cor branca

PUBLICIDADE