LG presenta un novo tabletófono con pantalla 4:3

luns, 23 de setembro do 2013 Marcus Fernández

Para entrar na guerra dos tabletófonos LG optou por adoptar unhas proporcións de pantalla de 4:3 coa súa familia Vu, que parece estar a funcionar mellor do que podiamos pensar, pois vén de presentar a súa terceira edición do dispositivo, que como o resto de novidades da compañía, desfáise desta volta do apelido Optimus para responder simplemente ao nome de LG Vu 3.
O novo terminal ten unha pantalla IPS de 5,2 polgadas cunha resolución de 1.280 x 960 píxeles, cámaras de 13 e 2,1 Mpíxeles, procesador Qualcomm Snapdragon 800 de catro núcleos a 2,26 GHz, gráfica Adreno 330 a 480 MHz, 2 Gb de RAM e Android 4.2.2. Entre as súas novidades ten unha funcionalidade artística para o seu lapis dixitalizador (que permite facer debuxos como se estivésemos pintando nun lenzo) e tamén pode espetar o dispositivo tocando dúas veces a súa pantalla. Prevese que saia á venda en Corea do Sur o vindeiro día 27.

PUBLICIDADE