LG presenta un panel Full HD de 5 polgadas

luns, 28 de maio do 2012 Marcus Fernández

LG Display presentou hoxe un novo panel de cristal líquido de 5 polgadas capaz de amosar imaxes en alta definición (Full HD), de xeito que sería o panel de maior definición ata o momento con 440 puntos por polgada, o que supera por unha ampla marxe os 326 puntos por polgada da pantalla Retina do iPhone 4 ou os 264 dpi do novo iPad.
O novo panel LCD de LG está baseado en tecnoloxía AH-IPS, e permitiría levar por primeira vez imaxes Full HD a un smartphone, chegando ao mercado na segunda metade do ano e podendo verse en vivo en Boston a partires do vindeiro 4 de xuño dentro da SID Display Week.

PUBLICIDADE