LG presentará en xaneiro un ordenador todo-en-un con Chrome OS

mércores, 18 de decembro do 2013 Marcus Fernández

Para levar as aplicacións web ao escritorio Google leva tempo esforzándose por popularizar o seu Chrome OS, sistema operativo orientado á nube que puxo un pé no mercado a través de varios modelos de portátiles chamados Chromebooks, e agora LG quere dar unha volta ao concepto e anuncia que no CES de Las Vegas vin presentar o primeiro Chromebase, un ordenador todo-en-un baseado no sistema operativo de Google.
O LG Chromebase ofrece a eficiencia de Chrome OS nun equipo cunha pantalla IPS Full HD de 21,5 polgadas, procesador Intel Celeron de cuarta xeración, 2 Gb de RAM, 16 Gb de iSSD, webcam de 1,3 Mpíxeles, 3 portos USB 2.0, 1 porto USB 3.0, porto Ethernet, teclado, rato e incluso unha entrada HDMI para poder aproveitar o equipo como monitor (por exemplo, para conectar unha consola de videoxogos).
Este equipo está orientado á web, de xeito que facilita o uso de servizos de Google como Gmail, Drive, Busca, Mapas, YouTube, Play ou os Hangouts de Google+, coa tranquilidade de ter a información amparada na nube á vez que o equipo está libre de ameazas informáticas como virus e troianos.

PUBLICIDADE