La LEGO PelÃcula estrea videoxogo
venres, 7 de febreiro do 2014
Coincidindo coa estrea de La LEGO PelÃcula nos
cines españois, chega ás tendas de videoxogos o seu xogo homónimo (que tamén
podemos adquirir
en formato descargable para Xbox One e ordenadores persoais) para
Xbox One, Xbox 360, PlayStation 4, PlayStation 3, PlayStation Vita e Windows PC
(as versións para Nintendo 3DS e Wii U tardarán uns dÃas en estar dispoñibles),
ofrecendo unha experiencia LEGO sen precedentes, pois en vez de limitarse a
unha franquÃa como os xogos da marca anteriores, deste volta permite somerxerse
nunha aventura na que tecen moitos dos elementos das anteriores entregas para
goce dos seareiros destas franquÃas de tanto éxito.
- No xogo de La LEGO PelÃcula non faltan personaxes de anteriores pelÃculas e xogos de LEGO como Batman
No xogo baseado na divertida pelÃcula das figuras de LEGO adoptaremos o papel de Emmet, unha mini figura de LEGO confundida por erro con O Especail, un personaxe profetizado como o salvador do mundo e que o liberará das mans dun tirano de LEGO. Utilizando as habilidades de máis de 90 personaxes inspirados na pelÃcula (nos que non faltan figuras como Superman, Batman ou Wonder Woman) os xogadores deberán superar 15 divertidos niveis nas versións de sobremesa e 45 misións nas versións portátiles.
- Emmet deberá salvar o mundo dun tirano nesta aventura
Trailer do videoxogos inspirado en La LEGO PelÃcula